
Ofrecemos un servizo de axuda a domicilio global, tanto a nivel privado como na modalidade de libranzas vinculadas ao servizo.
Adaptámonos ás necesidades de cada persoa, en canto a días de prestación, horarios ou intensidade. As tarefas que veñen desenvolvendo neste servizo son:
ATENCIÓNS DE CARÁCTER PERSOAL NA REALIZACIÓN DAS ACTIVIDADES BÁSICAS DA VIDA DIARIA
- Asistencia para levantarse e deitarse
- Apoio no coidado e hixiene persoal, así como para vestirse.
- Control do réxime alimentario e axuda, se é o caso, para alimentarse.
- Supervisión, cando cumpra, das rutinas de administración de medicamentos prescritas por facultativos.
- Apoio para cambios posturais, mobilizacións, orientación espazo–temporal.
- Apoio para persoas afectadas por problemas de incontinencia.
ATENCIÓNS DE CARÁCTER PERSOAL NA REALIZACIÓN DOUTRAS ACTIVIDADES DA VIDA DIARIA
- Acompañamento fose do fogar para acudir a consultas ou tratamentos.
- Apoio na realización de xestións necesarias ou urxentes.
ATENCIÓNS DAS NECESIDADES DE CARÁCTER DOMÉSTICO E DA VIVENDA
- Limpeza e mantemento da hixiene e salubridade da vivenda.
- Compra de alimentos e outros produtos de uso común.
- Preparación dos alimentos.
- Lavado e coidado das pezas de vestir.
- Coidados básicos da vivenda.
ATENCIÓNS DE CARÁCTER PSICOSOCIAL E EDUCATIVO
Intervencións de carácter técnico-profesionais, formativas e de apoio ao desenvolvemento das capacidades persoais, á afectividade, á convivencia e á integración na comunidade así como á mellora da estruturación familiar.